Millóns de oíntes mensuais, presenza na lista de cancións máis virales do mundo en Spotify e unha base de seguidores en redes sociais ao alcance de poucos.

Cun premio MTV ao mellor artista español aínda quente entre as mans e coa súa imaxe percorrendo todos os recunchos de España, podemos asegurar que Lola Índigo é o fenómeno nacional do momento.

As súas letras mostran a unha muller orgullosa dos seus actos, que non se deixa mangonear por ningún tipo, raparigo ou señoro. Un berro ao feminismo que resoa entre unha hoste de fans que atestan cada concerto.

O Son do Camiño ponche os coros!

Play Video

Lola Índigo