Molina Molina

O artista granadino Molina Molina non é un músico normal, non compón os seus temas dunha forma convencional. Molina Molina “escoita ecos na súa cabeza e reprodúceos. O seu son as melodías, son as letras e sobre todo os estribillos.” Entre as súas influencias destacan Bon Iver, Weezer, The Postal Service, Antonio Vega ou Vampire Weekend entre outras.

O seu último disco La Gran Esperanza Blanca, un dobre cara A sen recheo, recompila once singles entre os que se atopan colaboracións de luxo como as de Iván Ferreiro, Javier Álvarez ou Alberto Jiménez (Miss Caffeina).