Alice Wonder

A medio camiño entre o Soul, as sonoridades sintéticas do Triphop e uns certos deixes indie dos noventa, a madrileña Alice Wonder móstranos a unha moza creadora cuns niveis de seguridade, instinto e acerto sorprendentes para alguén que está a comezar a súa carreira como compositora tras acumular cifras desorbitadas de reproducións dos seus vídeos de versións.

O seu álbum debut chámase Firekid, unha longa duración no que sempre en primeiro plano, está a súa voz grave e  personalísima dotada dunha profundidade e unha sensibilidade de espírito soul que sempre soa madura e segura de si mesma.Pero é en directo onde a voz melancólica e fráxil de Alice xuntase coas estruturas rítmicas enrevesadas do seu piano para crear unha paisaxe sonora abafadora.