Mordem

Bautizada así por un poema de Rosalía de Castro, Mordem ofrécenos unha mirada renovada do son da galega Elba Fernández. A súa vertente máis folk deixa paso a composicións enriquecidas polo trip hop, o novo R&B, o ambient, o pop, ou o dreampop.

A súa última entrega Fragments To  Dominate The Silence é o resultado dunha crise de identidade que Elba superou refuxiándose no cinema, lugar onde xorden as súas historias. 10 pistas de corte intimista onde a súa voz elévase como a auténtica protagonista mentres o seu piano apóiaa realizando unha actuación estelar.

En directo, a personalísima voz de Elba é capaz de contar o seu imaxinario dunha forma directa á emoción. Momentos de brillantez que sanan todas as feridas.