Ortiga

Alguén lle deu a Chicho unha lanterna para alumar un punto cego entre a música de verbena, a cumbiatune, o  metalcore, o  autotune  diabólico, a salsa e a música latina de baile, o son  MIDI, a música que soa en mercadillos e postos de gofres e a capacidade  innata por crear melodías que o mesmo valen para menear o bullarengue que para facer  pogo violento.

E é que, quen fose ata fai tan só algunhas semanas a metade (a metade peluda, concretamente) de Esteban & Manuel, renace agora da terra en forma de planta silvestre, con petiscos pero imposible de arrincar do chan: ORTIGA.