Richard Ashcroft

Como o líder da mítica banda británica The Verve, Richard Ashcroft demostrou ser o herdeiro espiritual de iconas do rock & roll como Mick Jagger ou Jim Morrison.

É considerado como un dos mellores letristas da nosa era e proba diso son himnos xeracionais como Bitter Sweet Symphony ou The Drugs Don’t Work.

Coa excentricidade dunha estrela do rock coma as de antes, aterrará por primeira vez en Galicia para presentarnos os seus clásicos así coma o seu recente álbum de estudo: Natural  Rebel (2018).

Richard Ashcroft