Rosalía

A artista catalá, a súa música e todo o que a ela rodea causou unha auténtica revolución musical a nivel global.

Dende que lanzou Malamente, Rosalía fíxose cunha lexión de fans que ascende a máis dun millón de seguidores en Instagram e case 4 millóns de oíntes mensuais en Spotify. Non é de estrañar que os pasos da catalá convertéronse xa nun dos temas que máis conversación e comentarios provocan na actualidade. Así o demostraron tanto o seu segundo álbum El Mal Querer (2018) como as súas soadas actuacións na gala dos premios Goya o MTV.

E é que Rosalía non se entende sen a súa posta en escena, á altura de estrelas internacionais. E o seu directo, cargado de baile, actitude e un gran esforzo detrás, o que sorprende e leva os eloxios de todo tipo de público.

Os asistentes a O Son do Camiño serán uns dos poucos festivaleiros que poderán disfrutar do seu espectáculo en 2019