Second

Despois de sete discos e incontables concertos, Second gañou o agarimo do público. E é que estes melómanos empedernidos saben como facer soar as súas cancións por todo o país.

Hits incontestables como Primera vez, Nivel inexperto ou La barrera sensorial outorgáronlles o recoñecemento de público e crítica grazas a unha mensaxe que calou fondo. En 2018 presentáronnos o que é o seu último traballo: Anillos e Raíces, un son persoal froito da sintonía entre os seus músicos.

En directo o público entrégase cantando e coreando por igual temas novos e clásicos dunha banda que se sente a moi gusto sobre o escenario.