Shinova

O quinteto biscaíño Shinova é a banda que máis expectativa xera do panorama nacional. Un segredo a voces que enorgullece a aquel que descobre o seu pop rock contundente e conmovedor.

O incendio creativo e emocional comezou con Volver (2016) e en 2018 vímoslle publicar o seu traballo máis ambicioso ata a data, Cartas de navegación (2018).

O seu directo sincero ten moi presente a un público que canta e dá palmas sen cesar. Un recital colorista e accesible cunha proposta sonora e escénica admirable que por momentos brilla como a luz dun faro no mar.