The Hives

Hai máis de 20 anos apareceron The Hives para poñer a escena rock patas para arriba. Desde  Fagersta, Suecia e ao máis puro estilo garage rock, coméronse o mundo a base de enérxicos directos e himnos xeracionais como Hate To Say I Told You So e Main offender.

Máis fortes, máis atrevidos e máis convencidos que nunca os suecos chegarán a O Son do Camiño.