The Zombie Kids

Dous pioneiros lanzaron a atrevida formación archicoñecida sobre os escenarios do circuíto de festivais como The Zombie Kids. Produtores revolucionarios e Dj’s, procedentes de Madrid, deron un xiro á escena club española e a súa popularidade levoulles de xira por Europa, Asia e Latino América.

Por unha banda, Edgar encárgase de  reformular o concepto de pista de baile, transformándoo por momentos; mentres que Mbaka Oko rebenta o micro. As súas mesturas de fidget house con bassline, así como os estilos máis crus e enérxicos como o metal e o hardcore, pasando polo hip hop, jerk, crunk ou favela funk son os seus máis recoñecibles trazos de identidade.

The Zombie Kids desprenden tal enerxía nas súas sesións que están máis preto dun concerto de punk que dunha sesión de electrónica. O seu estilo está por encima de calquera xénero musical, o seu é pura actitude.

The Zombie Kids