Un verdadeiro descontrol controlado.

Tigre e Diamante é un grupo asturiano cun estilo que lembra ás cancións punk dos 70, pero envoltas en melodías poperas.

Estamos ante dous músicos que crean cancións directas combinando diferentes estilos como o garage, pop,  noise ou rock. Desde logo trátase dun dúo difícil de etiquetar.

Sobre o escenario atópanse máis cómodos que nunca e pasalo ben cunha dose de espalle é a actitude que trasladarán ao público de O Son do Camiño.

Play Video

Tigre y Diamante