Varry Brava

Coa súa descarada posta en escena Varry Brava logrou facerse un oco no panorama nacional dende que nacese en 2009. Unha aposta ecléctica (e sempre divertida) que vai desde o pop dos 80´s ata o música disco, pasando pola música italiana e o movemento indie máis actual.

Despois de 3 álbums chega o seu último traballo: Furor (2018). Un proxecto que Jenesaispop non podería describir mellor: “se pechas os ollos ao escoitar os temas novos de  Varry Brava, pódese ver a ti e ás túas amigas coreándoos vaso de cervexa en man.” E é que estes 10 cortes son pura festa.

O seu demoledor directo non deixa indiferente a ninguén: contundente, divertido e seduce ao público de xeito total.