Vetusta Morla

Os  madrileños Vetusta Morla chegan á súa cita en Santiago de Compostela en pleno auxe da súa xira Mismo Sitio, Distinto Lugar e é que esta banda de rock pode presumir de contar cun dos mellores directos de España despois de romper calquera parámetro avaliable, a saber: a coidadísima posta en escena, a contundencia do seu son, a  precisión da súa  interpretación e a especial comunión co seu  público, que se entrega en cada  canción coma se fose a última do concerto.

2018 foi un gran ano: tres nomeamentos aos premios Latin Grammy e o premio Ondas ao mellor espectáculo musical son proba diso. O mellor momento, con Vetusta, sempre está por chegar.