Xoel López é sen dúbida un dos artistas musicais máis solventes e representativos da escena independente iberoamericana.

Tras máis de 20 anos de traxectoria, a música de Xoel López defínese polo xenuíno das súas paisaxes, cada disco un exercicio de liberdade creativa e á vez un capítulo case biográfico. O seu periplo: viaxes, descubrimentos, encontros, nostalxias e influencias musicais.

A visita a O Son do Camiño era obrigada para este galego que puxo rostro ao documental que realizou a reputada canle National Geographic sobre o Camiño de Santiago.

Será precisamente ao final do camiño onde Xoel retomará o seu, tocando en directo (e en casa) as cancións do seu esperado novo álbum.

Play Video

Xoel López