Back to the top

Rodrigo Leão

Rodrigo Leão é un dos músicos e produtores máis destacados da escena portuguesa. Cofundador do influente grupo portugués Madredeus, comezou a súa traxectoria en solitario hai 25 anos co seu álbum Ave Mundi Luminar.  A través da procura de novas texturas instrumentais topouse coa necesidade de volver á sinxeleza da canción con manufactura pop.

En 2018 Rodrigo Leão móstranos a incrible versatilidade do seu traballo a través de 2 novas gravacións. O Aniversário: unha retrospectiva das súas grandes cancións e os seus temas favoritos en formato dobre CD e Os Portugueses: proposta que combina todas as súas referencias cantadas en portugués xunto coas pezas instrumentais que compuxo para a serie documental Portugal – A Social Portrait.

Con motivo do seu 25 aniversario Rodrigo  Leão convídanos a un directo espectacular cunha formación ampliada a 10 músicos e 2 cantantes e un traballo técnico  meticuloso que nos deleitará con todo tipo de matices instrumentais. Será sobre o escenario onde o lisboeta trasladaranos a atmosferas sonoras máxicas co seu coidado pop e unhas vibracións repletas de melancolía.