O Son do Camiño nomeado nos European Festival Awards. Aberta votación!

Na súa segunda edición o festival está nomeado á categoría “Mellor Festival de Mediano Formato” (Entre 10.000 e 40.000 asistentes diarios)

O nomeamento a mellor festival de mediano formato nos European Festival Awards supón un fito máis para unha edición de O Son do Camiño que bateu tódolos records.

En total foron máis de 30 horas de música en directo por parte de artistas de 8 nacionalidades distintas. Dos cales, 6 espectáculos de renome internacional tiveron lugar por primeira vez en Galicia.

Ademais, en 2019 O Son do Camiño revalidou o seu título de festival español que máis rápido esgotou os seus abonos: menos dunha hora despois de saír á venda, consolidándose así como a cita musical do ano en Galicia tras congregar 96.793 asistentes ao longo de 3 días.

European Festival Awards

Os European Festival  Awards son a celebración anual dos festivais máis prezados de todo o continente e os organizadores tras eles.

Establecidos en 2009 por Festival  Awards  Ltd,  Yourope e  Eurosonic  Noorderslag, os  European Festival  Awards terán lugar o 15 de xaneiro de 2020 en  Groningen, Países Baixos, xunto coa apertura de  ESNS. A cerimonia comprende 15 galardóns, algúns decididos por votación pública e outros por un panel de expertos. O evento tamén alberga actuacións do talento emerxente máis popular do continente.

Os European Festival Awards son amplamente considerados o evento máis selecto para recoñecer os logros colectivos da industria.

European Festival Awards