Con moita arte
Non hai dúbida de que a beleza de Santiago é máxica. Non só a Catedral, tamén as súas calles e os seus parques inspirarán aos aficionados á fotografía e, en definitiva, a calquera artista. É imprescindible facer unha visita ás galerías de arte da Zona Vella, que adoitan expoñer obras que representan Compostela e a súa contorna dende outro punto de vista.
Alameda
O parque por excelencia de Santiago de Compostela é o da Alameda. As magníficas vistas da Catedral e a súa privilexiada situación, bordeando a Zona Vella da cidade, fan deste lugar un espacio intrínsecamente fermoso no que pasear e sacar fotos.
As Marías
As dúas habitantes máis ilustres do Parque da Alameda son As Marías. Esta curiosa escultura rinde homenaxe a dúas irmás santiaguesas que desafiaban os códigos sociais da sociedade franquista con alegres vestimentas e maquillaxes esaxeradas.
Cidade da Cultura
Na Cidade da Cultura poderás gozar da arquitectura do complexo, deseñado por Peter Eisenman, así como da programación cultural que ofrece, con visitas guiadas, exposicións ou concertos.
Banco dos Namorados
Na Alameda atópase o Banco dos namorados ou banco acústico. A peculiar forma deste banco, permite aos namorados escoitarse perfectamente dun extremo ao outro. Pero coidado cos curiosos.
Galerías de arte
Santiago dache a oportunidade de gozar da mellor arte totalmente de balde. Son moitas as galerías de arte que se asentan en edificios históricos da Zona Vella da cidade. Ademais, a miúdo expoñen artistas locais, o que lle da a oportunidade ao visitante de entrar en contacto con novas perspectivas da área.