Merecido descanso
Se cantar e bailar en O Son do Camiño deixáronte sen folgos, Santiago de Compostela pode ser un lugar fantástico para recuperar a túa enerxía: relaxarse baixo as árbores do Parque de Bonaval, tomar un café nas terrazas da Zona Vella, refrescarse no río Tambre… Son moitas as opcións para rematar a experiencia festivaleira con tranquilidade.
Parque de Santo Domingo de Bonaval
Reformado en 1994, o Parque de Bonaval aséntase nos xardíns e no cementerio do antiguo convento, reconvertido no Museo do Pobo Galego. As vistas da Catedral dende as soleadas zonas de árbores son impresionantes.
Praia fluvial de Tapia
Esta gran área recreativa pertencente ao río Tambre é unha boa opción para refrescarse, nadar e gozar do sol cerca de Santiago. Ademais, poderás tomar algo no chiringuito ao pé da praia, en plena natureza.
Cafeterías
Se eres máis de almorzos e cafés, na cidade podes atopar unha ampla variedade de cafeterías modernas e emblemáticas.
Río Tambre en Ponte Maceira
Este lugar, situado entre os concellos de Ames e Negreira, ofrece un sitio fresco onde descansar e relaxarse. Ademais, conta con elementos de grande importancia artística e histórica como A ponte Vella ou o Pazo de Baladrón (situado ás beiras do río).
Tapeo
A grande oferta de bares da Zona Vella de Santiago merécese un capítulo a parte. Esteas buscando relax ou unha tapa memorable Compostela sempre terá o lugar perfecto para ti.