#ClásicosComposteláns
Goza da alta cociña máis vangardista elaborada con produtos galegos. Os bares de toda a vida, concentrados na Zona Vella da cidade, son unha estupenda opción para degustar o Santiago máis auténtico.
La Tita
É un restaurante-bar situado no corazón do centro histórico que ofrece a tradicional cociña galega-española. Famosa pola súa tortilla española, luriñas, raxo e tamén o polbo. Se non visitas A Tita, non fuches a Santiago de Compostela.
Casa Manolo
É un restaurante situado no casco antigo de Santiago, foi elixido por múltiples guías como destino que visitar para comer comida típica galega a bo prezo. Moitos peregrinos transitan e transitarán este local co seu deseño tan innovador polo cal recibiron varios premios de arquitectura.
Restaurante Orella
É un restaurante familiar, informal e sinxelo con máis de 60 anos no sector, que che ofrecerá gambas, polbo, mexillóns, o seu famoso chuletón, os berberechos caseiros e a orella de porco, todo da casa.
A Horta do obradoiro
É un restaurante elegante con invernadoiro e terraza que ocupa unha casa de 1640 que desde as súas orixes acolleu aos músicos da próxima catedral. Este local que se atopa na guía Michelín ofréceche cociña vangardista e viños españois con detalles contemporáneos e rexionais.
Adega Abrigadoiro
É un lugar ideal para degustar queixos e embutidos de boa calidade entre outras opcións, acompañadas de bo viño. Orixinal decoración cunha noria de auga incluída, frecuentada sobre todo por xente da zona. Comida galega a bo prezo.
Mesón 42
Situado moi preto da Catedral de Santiago. Mesón rústico á entrada que serve receitas galegas e marisco con racións moi abundantes. Cumpren coas tres B (bo, bonito, barato).