Duki

Duki

Venres 17

O artista máis pegado da fala hispana. Duki non é só un trapeiro arxentino, Duki é unha  superestrela de carácter mundial. Os seus temas retumban en todas as discotecas. As súas cancións trascenderon a himnos que se berran ata deixar a voz.

O éxito de Duki é o éxito de toda unha xeración de artistas arxentinos que están a irromper no panorama musical como un auténtico tsunami. Non contentos con iso, a súa rede colaborativa fainos máis fortes aínda, xa que cada vez que se xuntan treme o mundo da música.

She Don’t Give A Fo, Goteo ou Malbec provocarán un sismo de proporcións épicas nas inmediacións do Monte do Gozo este verán.

Duki chegou á cidade, e non temos dúbidas de que o recibirán coma se fose un boss.