Escuchando Elefantes
Sábado 18
Escuchando Elefantes son dúas voces que soan como unha.
A forza que transmiten ao público se debe á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos. O seu tema Show & Tell soou nun gran número de países e festivais.
¿Por Qué Siempre Cantáis en Inglés?, o seu último traballo, é un compendio de cancións nas que fuxen de utilizar o inglés, idioma no que está o seu anterior disco, para aclarar que poden cantar en castelán. De feito todo o que fan é brutal.
En directo intercámbianse os instrumentos no escenario unha e outra vez para conseguir un son eléctrico e enérxico que asolagará O Son do Camiño.