Foals
Xoves 16
Foals naceron para ser a mellor banda en vivo do mundo.
Se morren terá que ser de éxito. É imposible vivir un concerto dos de Oxford e resistir as ganas de bailar.
En O Son do Camiño sacarán músculo do seu punto forte: o directo, así como converter as súas cancións en pulsión colectiva. É unha experiencia orgánica e visceral. Fanse co son ata o punto de que pareza pura improvisación aquilo que ocorre sobre o escenario.