Jhay Cortez

Jhay Cortez

Xoves 16

Jhay Cortez é unha das grandes revelacións do panorama urbano nos últimos anos. O artista portorriqueño, país dos grandes referentes do xénero, soubo moverse entre xigantes para crecer e destacar entre eles. É un xerador de éxitos, ten a clave para caldear o ambiente e facer que estoupe a festa.

É tal o éxito de Jhayco que artistas como Bad Bunny, J Balvin, Anuel AA, Ozuna ou Karol G xa quixeron colaborar con el. Non é para menos, xa que no seu haber conta con dous nomeamentos aos  Latin Grammy’s e cancións con ata 20 certificacións de platino polas súas vendas.

Jhay Cortez é, en definitiva, un dos pesos pesados do panorama urbano, perderse esta actuación en O Son do Camiño sería un delito.