Justin Quiles

Justin Quiles

Venres 17

Justin Quiles é a demostración de que cando estás destinado ao éxito non hai nada que se interpoña por medio. O estadounidense pasou de escribirlle os temazos a artistas como J Balvin, Daddy Yankee ou Karol G a estoupar as listas de éxitos coa súa música. Todo un seguro para a festa, non hai discoteca que non puxera un dos seus múltiples exitazos.

Os seus tres nomeamentos aos Latin Grammy’s e as súas colaboracións con artistas da talla de Bad Bunny, Duki, Bizarrap, Daddy Yankee ou Maluma avalan a carreira meteórica do de Connecticut.

Justin vén disposto a esnaquizar os baixos de O Son do Camiño, que trema Santiago.