Ver para crer
A Catedral de Santiago de Compostela, a pedra inaugural da construcción desta urbe monumental, é a obra máis sobresaínte da arte románica en España e meta de todos os Camiños de Santiago. Xunto coas catro prazas que a rodean: Obradoiro, Quintana, Inmaculada e Praterías, a Catedral, forma o corazón de Compostela, escenario de historias máxicas ao longo dos séculos. Hoxe, recentemente restaurada, pódese gozar do seu esplendor orixinal.
Pórtico de la Gloria
É a entrada occidental da Catedral e, ideada polo Mestre Mateo, está considerada como unha obra cume da arte universal. As súas máis de 200 figuras representan diversas historias bíblicas centradas na Salvación do Home. Sen duda, é un dos enclaves máis impresionantes da cidade compostelana.
As Fachadas da Catedral
A Catedral de Santiago exhibe catro fachadas: a de Platerías, románica; a do Obradoiro e Porta Santa, barrocas; e a de Azabachería, neoclásica. Todas son de importante valor artístico e son o fruto de décadas de traballo dos habilidosos canteiros composteláns.
Botafumeiro
Empregado dende a Idade Media, o Botafumeiro é un gran incensario que servía para “purificar” o aire da Catedral cando esta acollía a centos de peregrinos. Hoxe, o seu espectacular movemento pendular é unha atracción para miles de persoas cada ano.
Museo, Claustro e Cripta
Para comprender verdadeiramente a natureza e a historia que rodean a Catedral de Santiago, non podes omitir a visita ao seu museo, que tamén da acceso ao claustro e á cripta do edificio. Estes acollen unha serie de pezas de alto valor arqueolóxico á vez que constitúen en si mesmos unha belísima obra arquitectónica.