Ourense e Baixa Limia
Ourense é auga. Os complexos termais da provincia abrazan aos visitantes cos beneficios das augas mineromedicinais, que brotan da terra a máis de 50ºC e garantízanlles unha experiencia de relaxación integral. Todo isto nunha área natural de importante riqueza medioambiental: o Parque Baixa Limia-Serra do Xurés, refuxio de lobos, corzos e cabalos salvaxes.
Termalismo
Son moitas as formas en que se pode gozar das augas termais ourensás: dende modernos balnearios a termas gratuítas. Todas as opcións son perfectas para relaxarse despois dun festival.
Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés
Este é o máis grande dos parques naturais galegos e por el xa transcurría a Vía Nova romana. Unha paraxe máxica que é perfecta para facer sendeirismo, BTT ou, simplemente, pasear.
Fiesta maior en Ourense
A Festa Maior de Ourense é o exemplo perfecto de como se vive a verbena en Galicia. Cunha programación que combina os grupos consolidados e as típicas orquestras, é o plan de ocio perfecto.
Náutica no Río Miño
O náutico de Castrelo aproveita o potencial do río Miño durante o verán con actividades como o windsurf, o paddlesurf ou a vela. Tamén podes degustar os viños da zona, da denominación de orixe Ribeiro.