Pablo Lesuit

Pablo Lesuit

Sábado 18

Un estilo persoal e independente.

Pablo Lesuit é un músico multi- instrumentista, cantante e compositor galego. A súa música non entende de fronteiras ou etiquetas.

Belorizonte é un disco diferente, feito por curiosidade e casualidade. Detrás de cada canción hai unha historia, unha experiencia, diferentes músicos, cambios de estado de ánimo e enerxía. É unha gran fotografía dun momento vital.

En directo, os excesos, o pracer e a liberdade se mostran cando o sol desaparece. Un gran himno para o que non ten que madrugar.