ATA QUE SAIA O SOL
Santiago non defrauda nin de día nin de noite. Tanto se es dos que amas queimar a zapatilla na pista de baile, coma se es de descubrir cos teus amigos lugares de lenda ou dos que buscan un rolo máis alternativo, non hai dúbida de que atoparás o que buscas no corazón de Galicia. Compostela ofréceche plans para que vivas a festa que che gusta e convertas unha noite máis, nunha noite única, máxica e inesquecible. Aquí deixámosvos a nosa selección:
Clásicos Composteláns
Existen locais auténticos cheos de historias secretas de peregrinos, estudantes, turistas, veciños e descoñecidos. Pubs e bares únicos, con alma propia que non deberías perderte na túa visita á capital. Deixámosche unha pequena lista a continuación, estamos seguros de que non te defraudarán!
O Galo D’Ouro, Borriquita de Belém, Casa das Crechas, Atlántico, Modus Vivendi, Pepa a Loba, Momo, Paraíso Perdido, Porrón.
Discotecas
Como toda cidade que se prece, Santiago, ten discotecas para todos os gustos, estilos e idades. Desde a mítica sala Apolo, frecuentada por novos estudantes; ata a discoteca Ruta, a máis antiga da cidade, sen esquecer a gran sala Capitol e outras dignas de mención como Sónar ou Blaster. E aínda hai máis, moito máis. Se queres gozar do ambiente máis aberto, tolerante e divertido non te perdas a oferta máis LGTBIQ+ de Santiago: Bloom, onde gozar da música máis punteira de onte e de hoxe; Forum con máis de 26 anos de experiencia facendo bailar aos seus visitantes ou O Boneco Bar entre outros.