Ribeira Sacra

Os ríos Miño e Sil debuxan impresionantes cañóns ao seu paso na Ribeira Sacra. Nesta zona tamén se produce o viño Amandi, aprezado xa polos emperadores romanos. Paisaxe e enoloxía fúndense nun dos recunchos máis de moda da Galicia interior, candidato a ser recoñecido como Ben de Interés Cultural pola UNESCO.

Viaje en Globo

Viaxe en Globo

Podes contemplar a Ribeira Sacra… dende o aire! Se non lle tes medo ás alturas podes desfrutar desta paisaxe en globo aerostático e vivila dende outro punto de vista.

Máis información
Ribeira Sacra

Cañons do Sil

Entre Lugo e Ourense, os cañóns do Sil son o corazón da Ribeira Sacra. Esta profunda garganta de rocha, auga e sinuosas curvas non deixa indiferente a quen a contempla.

Máis información
Fiesta mayor en Ourense

Festa maior en Ourense

A Festa Maior de Ourense é o exemplo perfecto de como se vive a verbena en Galicia. Cunha programación que combina os grupos consolidados e as típicas orquestras, é o plan de ocio perfecto.

Máis información
Rutas Enológicas

Rutas Enolóxicas

Os viños denominación de orixe da Ribeira Sacra son mundialmente coñecidos. Se che interesa algo máis ca unha cata, podes probar as rutas en segway e kayak ou o Viñobús.

Máis información
Zona de Vinos en Ourense

Zona de Viños en Ourense

Os Viños é a zona de tapeo por excelencia de Ourense. Este enclave do centro histórico énchese nas noites da fin de semana con xente inqueda por cumplir coa tradición: un pincho, un bar.

Máis información