RigobertaBandini

Rigoberta Bandini

Sábado 18

Rigoberta  Bandini é a artista española do momento. O seu éxito transcende fronteiras e ascende meteoricamente, xa que é en 2020 cando se comeza a disparar a súa popularidade. De actriz de dobraxe de personaxes como Caillou ou Chihiro a número 1 en vendas de España.

O Benidorm Fest non fixo outra cousa que consolidar o que xa se vía vir, que Rigoberta ía arrasar coa súa música. In Spain We Call It Soledad, Perra ou Too Many Drugs eran o anticipo, pero Ay Mamá foi o detonante. Co seu contundente “no sé por qué dan tanto miedo nuestras tetas” puxo en pé a media España.

Rigoberta  Bandini é o presente e será o futuro da música en España, non cabe a menor dúbida.