Tigre y Diamante

Tigre y Diamante

Venres 17

Un verdadeiro descontrol controlado.

Tigre y Diamante é un grupo asturiano cun estilo que lembra ás cancións punk dos 70, pero envoltas en melodías poperas. 

Estamos ante dous músicos que crean cancións directas combinando diferentes estilos como o garage, pop,  noise ou rock. Dende logo se trata dun dúo difícil de etiquetar.

Sobre o escenario atópanse máis cómodos que nunca e pasalo ben cunha dose de espalle é a actitude que trasladarán ao público de O Son do Camiño.