#Veggies
Se o que queres é gozar de locais que ofrezan comida vexetariana ou vegana, aquí ofrecémosche unhas cantas solucións moi veggies.
Entre Pedras
É un dos restaurantes veganos 100% máis populares de Santiago. Sexas ou non vegano, hai unha gran cantidade de pratos variados para todos os gustos. Ademais hai diversas opcións sen gluten. Triunfan as burguers vexetarianas ou veganas feitas con lentellas e noces, durums, quesadillas, ensaladas, postres… ademais a un prezo alcanzable.
The veggie Carmen
Atópase no Mercado A Galiciana, unha das atraccións turísticas locais, Gelmírez Palace, está xusto á beira deste restaurante. A súa carta baséase na comida vegana e sen glute con ingredientes ecolóxicos, galegos e de tempada, sen derivados de orixe animal. Hamburguesas veganas, sushi vegano, tacos, gazpachos, cremas, hummus…
The Greenhouse
Situado a cinco minutos da catedral, é un restaurante de eco-fusión de cociña vexetariana, vegana e flexitariana cunha carta enteira de opcións saudables con prezos bastante económicos. Ademais a decoración do local é top.
TS A Casa
Unha tapería e coctelería onde cada día poderás gozar de diferentes pratos. Na súa aposta gastronómica poderás atopar opcións veganas, vexetarianas e sen gluten, que van variando cada certo tempo para poder ofrecer innovación. Tamén ofrecen zumes naturais, batidos, cócteles e todo isto, acompañado de boa música e bo ambiente cuns prezos adecuados ao servizo.
Hervor e fervor
Situado no centro histórico de Santiago, é un acolledor restaurante de tapas con opcións veganas e vexetarianas como pode ser tostadas, hamburguesas, falafel, ñoquis, cuscús e focaccias. Tamén inclúe opcións sen gluten.
A Porta Verde
Despois de visitar a Biblioteca pública de Anxel Casal entrarache a fame así que podes visitar A Porta Verde, 100% vexetariano e vegano. Probarás as súas mini- hamburguesas, croquetas, patacas, arepas con soja texturizada,torta vegana de arándanos, crumble de mazá con xeado de mango que farán que se che faga a boca auga.
Se non tiveches tempo de parar a comer e probar estes manxares, aquí deixámosche algunhas tendas con produtos frescos e de gran calidade, neste caso vexetais:
- Herbas tenda vegana: é unha tenda que ofrece produtos naturais e orgánicos dos cales, a maioría van por granel. Unha ampla gama de produtos de alimentación, nutricionais, filoterapia, plantas medicinais, tés… que en medida do posible son locais.
- D´Aldea: tenda un pouco máis afastada do centro histórico que está repleta de produtos veganos e vexetarianos así como froitas e verduras orgánicas e tamén opcións para celíacos.
- O xardín dos soños: tenda-cafetería no centro histórico onde poderás comprar produtos vexetarianos ou tomarche un bocado. Ademais contan con pasteis e tés.