Wöyza &The Galician Messengers
Venres 17
A “raíña do hip hop galego”.
Os que agora escoiten a Wöyza atoparanse coa característica mestura de ritmos hip hop con melodías soul e pinceladas de rap que marcou a carreira da moañesa desde que irrompeu, aos seus 19 anos, en 2003.
Isto valeulle o respecto da escena urbana viguesa e senllas colaboracións con artistas do talle de Nach, Bomba Estéreo, Carlos Núñez, Pablo Novoa ou High Paw entre outros.
O Hip Hop vigués soará en directo no escenario máis mítico de Galicia: O Monte do Gozo.