
ABONOS ESGOTADOS EN MENOS DE DÚAS HORAS
O festival recentemente anunciado O Son Do Camiño que terá lugar os próximos 28, 29 e 30 de xuño en O Monte Do Gozo de Santiago de Compostela bate récords históricos na venda de entradas de festivais en toda España.
Ás dez da mañá do día de hoxe abríase a venda dos abonos desta primeira edición a un prezo inicial de 39 euros, oferta que apenas duraba uns poucos minutos. O interese do público de toda España foi masivo e fixo que os 20.000 abonos que poñiamos á venda esgótense en menos de dúas horas.
Sentimos pola xente que non chegou a tempo a comprar as súas entradas xa que a demanda foi moi superior ao aforo á venda. Antes das dez da mañá, xa había miles de persoas conectadas á web do festival esperando para comprar o seu abono.
O Festival anunciará a súa programación por días e poñerá as entradas para cada un deles á venda proximamente.
Desde a Organización queremos transmitir o noso agradecemento pola confianza que todos aqueles que compraron o seu abono depositaron en nós. Agora queda moito traballo por diante para que O Son Do Camiño sexa a mellor experiencia do ano para todos e cada un dos asistentes.