COMO CHEGAR
Chegar ao recinto do festival é moi sinxelo coas nosas opcións de transporte! Temos varias opcións para ti! Escolle a que mellor se adapte ás túas preferencias.
Lanzadeira E1: Desde a Cidade da Cultura ata San Lázaro.
Dispoñible desde o xoves ás 14:00h ata o sábado ás 05:00h durante as horas de funcionamento do festival.
Lanzadeira E2: Desde a Estación Intermodal ata a Avenida de Fernando Casas Novoa. Se vés en tren ou en autobús, este é o teu transporte ideal.
Dispoñible desde o xoves ás 14:00h ata o sábado ás 05:00h durante as horas de funcionamento do festival.
Lanzadeira E3: Desde o Multiusos do Sar á zona de descanso do festival (exclusivo para campistas)
Así non terás que cargar con todo o teu equipo!
Dispoñible exclusivamente o xoves de 10:00 a 14:00h e o domingo de 10:00 a 16:00h.
Liñas 6 e 7: Preferes o transporte público habitual? Estas liñas regulares da cidade levarante directamente ao festival! Funcionarán nos seus horarios normais.


Multiusos Fontes do Sar: Aparcamento recomendado para campistas. = compatible coa Lanzadeira E3
Cidade da Cultura (Gaiás): Evita entrar na cidade deixando o teu coche nesta localización privilexiada = compatible coa Lanzadeira E1
Área de estacionamento de Santa Marta e Pontepedriña: Se preferes estacionar o coche no centro da cidade, estas son as túas opcións! = compatibles coa Lanzadeira E2, ademais das liñas 6 e 7.
Estadio Vero Boquete de San Lázaro: Debido á súa proximidade co recinto do festival, é posible chegar camiñando!
¡Ah! E se preferes chegar en taxi, non te preocupes! Temos unha parada específica para taxis na rúa Paulo Coelho!
