Condicións de Venda

Á venda SÓ en www.osondocamino.es.

As entradas de O Son do Camiño 2022 dan acceso ao recinto de concertos do festival que se celebrará en 2022. As adquiridas para a edición 2020 (ou aprazadas) serán automaticamente válidas para a edición de 2022.

As entradas non son nominativas. Figura nelas unicamente o nome do comprador/a, se nalgún momento fose necesario recoller os datos dos asistentes facilitarase como facelo mediante email ao comprador/a.

O acceso e permanencia no recinto quedan suxeitos á normativa sanitaria vixente a data do evento.

A posesión da entrada non dá dereito ao seu posuidor ou a terceiros a utilizar a mesma ou o seu contido con fins publicitarios, de márketing ou de promoción (incluídos concursos, agasallos e/ou sorteos).

O Son do Camiño lembra que a revenda de entradas é ilegal e posiciónase firmemente contra ela. A Organización non garante a autenticidade da entrada se non foi adquirida na web do organizador ou festival.

Podes consultar as condicións de compra aquí.

Condicións de Venda

Política de Menores

Os menores de ata 12 anos inclusive teñen entrada libre. A partir desa idade deberán pagar entrada e tamén deberán ir acompañados de seu/s pai/s ou un titor..

Os menores que teñan 16 ou 17 anos poden acceder nas mesmas condicións que un adulto fóra de que non se lles servirán bebidas alcohólicas.

Os menores de 16 anos (15 anos ou menos) teñen que acceder coa súa entrada, acompañados de adulto responsable e con autorización asinada e presentala xunto coa fotocopia do DNI do pai ou titor na taquilla do festival, onde se colocará unha pulseira identificativa ao menor. Pódese descargar aquí:

AUTORIZACIÓN MENORES DE 16