Glamping
Trátase dunha área onde terás todas as necesidades cubertas, unicamente terás que chegar e deixar a túa mochila na tenda.
En función da opción que escollas terás chan acolchado, colchón, roupa de cama, anteface, tapóns, cadeado, luz ó acceso ao buffet… ademais de servizos, duchas, seguridade e un control de acceso á área onde soamente poida entrar a xente coa súa pulseira de glamping.
O Glamping abrirá o xoves 16 ás 11:00 horas e pechará o domingo 19 de xuño ás 12:00 horas.
INFORMACIÓN ÁREA GLAMPING O SON DO CAMIÑO
A palabra glamping nace da combinación “glamour” e “cámping”. Basicamente trátase dunha área onde te podes atopar con todas as túas necesidades cubertas. Na área glamping de O Son do Camiño terás diferentes tipos de tendas que inclúen múltiples comodidades.
Easy Tent
Trátase dunha tenda para un máximo de 2 persoas, de 200 cmx200cm, equipadas con chan acolchado. O seu prezo é de 170€.
Ademais inclúe:
- Welcome Pack Easy que inclúe o seguinte: cadeado de combinación, bolsita neceser, tapóns e lanterna dinamo.

Deluxe Individual
Trátase dunha tenda para 1 persoa cun prezo de 200€, inclúe:
Cómoda tenda de campaña para 1 persoa, de 200cm x 200cm, equipada con colchón inchable e xogo de cama completo. Con lanterna e cadeado de agasallo.
Ademais inclúe:
- O servizo de almorzo bufete (de 9 a 12 h): froita, café, infusións, leite, zumes, pan ou torradas, marmelada e bolería.
- Welcome Pack Deluxe que inclúe o seguinte: anteface, bebida de benvida, cadeado de combinación, bolsita neceser, tapóns e lanterna dinamo.

Deluxe Doble
Trátase dunha tenda para 2 persoas cun prezo de 259€, inclúe:
Cómoda tenda de campaña para 2 persoas, de 200cm x 200cm, equipada con 2 colchóns inchables e xogo de cama completo. Con lanterna e cadeado de agasallo.
Ademais inclúe :
- O servizo de almorzo bufete (de 9 a 12 h): froita, café, infusións, leite, zumes, pan ou torradas, marmelada e bolería.
- Welcome Pack Deluxe que inclúe o seguinte: anteface, bebida de benvida, cadeado de combinación, bolsita neceser, tapóns e lanterna dinamo.
