Xa está aberto o proceso de votación para o público desta edición 2022 en europeanfestivalawards.org ata o 7 de decembro
O Son do Camiño está nominado a Mellor Festival de Gran Formato polos European Festival Awards. O festival é unha iniciativa conxunta de EsmerArte e Bring the Noise.
Os prazos de votación para o público están abertos ata o mércores 7 de decembro. Xa se pode votar a través de europeanfestivalawards.org.
A cerimonia onde se coñecerán os gañadores celebrarase o 18 de xaneiro de 2023 en De Oosterpoort, en Groningen (Países Baixos).