Política de Menores

Menores de 8 anos inclusive acceso libre. Imprescindible acompañamento de padre-madre, tutor-a o adulto responsable. Máximo 2 menores por adulto. Ata completar aforo. Se requerirá documento acreditativo de identidade e inscripción previa.

Menores de 16 anos imprescindible acompañamento de pai-nai, titor-a ou adulto que se fagan responsables do menor no interior do recinto pero non necesaria autorización asinada.

Menores de entre 16 e 18 anos acceso sen acompañamento pero con autorización asinada.

AUTORIZACIÓN MENORES ENTRE 16 E 18 ANOSINSCRIPCIÓN DE MENORES DE 8 ANOS

En ambos os casos, deberán acudir ao punto sinalizado de menores no acceso ao festival para que lles sexa colocada unha pulseira identificativa que lles acredita como tales.

O acompañante terá que adquirir a súa entrada correspondente e deberá presentar a seguinte documentación á entrada do recinto:

Se o acompañante durante o festival é o pai, nai ou titor legal: tanto o menor como o acompañante deberán presentar o seu DNI, libro de familia, pasaporte de ambos ou documento legal que acredite a relación paterno filial ou de responsabilidade sobre o menor.

Se o acompañante non é o pai, nai ou titor legal: o acompañante deberá levar a documentación que lle identifique como tal. Autorización de asistencia por parte do pai, nai ou titor legal do menor acompañada de fotocopia de DNI, libro de familia ou pasaporte de ambos.

En todo momento tanto o acompañante como o menor deberán levar o seu DNI ou pasaporte por se fose requirido por parte do persoal da Organización para acreditar a súa identidade. No caso de ser estranxeiros deberanse achegar os documentos oportunos do país de orixe.

A Organización informa que a lexislación vixente prohibe expresamente a venda de alcol aos menores de 18 anos, polo que se identificará a cada menor cunha pulseira para impedir que este compre alcol dentro do recinto. O menor deberá en todo momento levar visible esta pulseira, así como ter dispoñible o seu DNI.

O incumprimento dalgún dos requisitos anteriores será motivo de expulsión do recinto e non dará dereito a reembolso do importe abonado pola entrada do menor.