Zona de Descanso

Que ofrecemos?

Ofreceremos facilidades como:Control de acceso 24 horas.

  • Recepción e punto de información 24 horas.
  • Seguridade privada.
  • Servizos.
  • Duchas.
  • Dispoñibilidade de enchufes para recarga de dispositivos electrónicos*

*Nota: non incluídos no prezo da entrada da zona de descanso.

A pulseira da zona de descanso de O Son Do Camiño permitirá o acceso durante 4 días (desde as 12:00 h do mércores 15 de xuño ata as 12:00 h do domingo 19 de xuño). As entradas venderánse de forma individual, e dicir, deberanse comprar tantas entradas como persoas.

Cal é o seu prezo?

O prezo será de 29 euros + gastos de distribución por persoa o cal se pagará integramente ao reservar a entrada na páxina web do festival (só online).

Cando e como reservo?

As entradas estarán dispoñibles a partir do venres día 25 de marzo ás 12:30 e poderás adquirir ata 6 entradas por compra e usuario.

Lembra que para acceder á zona de descanso tamén necesitas ter un abono ou entrada diaria para o festival.

ENTRADAS ESGOTADAS

Cales son as normas?

Que debo facer se son un menor?

Ademais do impreso de menores do festival, que deberás entregar en accesos, deberás presentar outro impreso de menores para a zona de descanso de O Son Do Camiño. O mesmo modelo.

Autorización menores de 16

Se aínda así tedes algunha cuestión, podedes expoñela escribindo a este mail: contacto@osondocamino.es