Back to the top

Nuevas Fechas

Actualización do Festival

Actualizado: 15 de maio, 2020

Atendendo á Orde publicada respecto do plan de desescalada, que imposibilita a celebración de eventos das características do noso Festival ata o 22 de xuño, e ante a falta de instrucións concretas por parte do Goberno Central, a organización de O Son do Camiño apraza a que ía ser a súa terceira edición a 2021. Será os días 17, 18 e 19 de xuño en O Monte do Gozo, Santiago de Compostela.

Ante todo gustaríanos incidir no agradecemento pola vosa paciencia e apoio. Non é unha decisión que se poida tomar unilateralmente: hai moitos axentes implicados e os pasos teñen que seguir o curso que marcan as autoridades, ser firmes e prudentes. Traballamos na  reprogramación do cartel de 2020 para garantir que os principais atractivos estean presentes na edición 2021. Podemos avanzarvos tamén que haberá moitas novidades e novas confirmacións: 2021 é Ano Xacobeo e imos celebralo como se merece.

As entradas adquiridas son válidas para as novas datas do evento. Se decides conservala, non tes que facer nada. Axudarasnos a seguir adiante e asegurarás a túa asistencia á edición 2021. Xa sabes que as entradas voan!

Os asistentes sodes a nosa prioridade, e tal e como xa fomos comunicando pública e individualmente, todos teredes garantidos os vosos dereitos: quen o desexe pode solicitar o reembolso do importe das entradas a partir do luns 18 de maio. A plataforma de venda poñerase en contacto con cada un dos compradores.

Son momentos moi duros para todos, e como tal, requiren a toma de decisións difíciles, pero volveremos subir a O Monte do Gozo, e farémolo con máis ganas e ilusión que nunca. 2021, Ano Xacobeo, xa era un ano especial. Estamos seguros de que tras o vivido o será aínda máis.

Ata entón, coidádevos moito. Nós seguimos traballando para ofrecervos unha edición inesquecible, unha edición á altura dun Ano Xacobeo.

O SON DO CAMIÑO©2020