This is custom heading element

A segunda edición de O Son Do Camiño, que terá lugar os próximos 13, 14 e 15 de xuño en O Monte  Do Gozo de Santiago de Compostela, volveu a bater récords históricos na venda de entradas de festivais en toda España.

Ás doce da mañá do día de hoxe abríase a venda dos abonos desta segunda edición a un prezo especial de lanzamento de 49 euros, oferta que apenas duraba un minuto. O interese do público de toda España foi masivo e fixo que os 25.000 abonos dispoñibles esgotáronse nunha hora.

Sentímolo pola xente que non chegou a tempo a comprar as súas entradas: a demanda foi, un ano máis, moi superior ao aforo á venda. Lembramos, como vimos facendo hai días, que SÓ AS ENTRADAS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DAS CANLES OFICIAIS  osondocamino.es, www.eventbrite.es e  Festicket son válidas e darán, por tanto, acceso ao Festival. O Son do Camiño posiciónase rotundamente en contra da revenda e insiste en que as entradas adquiridas en webs de mercado secundario (revenda) poden non ser válidas, estar duplicadas…

O Festival anunciará a súa programación por días e poñerá as entradas para cada un deles á venda proximamente.

Desde a Organización queremos transmitir o noso agradecemento pola confianza que todos aqueles que comprando o seu abono depositaron en nós.

Seguimos traballando para que O Son Do Camiño 2019 sexa a mellor experiencia do ano para todos e cada un dos asistentes.

Privacy Preference Center

Scroll ao inicio