This is custom heading element

O Son Do Camiño 2022, que terá lugar os próximos 16, 17 e 18 de xuño en O Monte  Do Gozo de Santiago de Compostela e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, volveu a bater récords históricos na venda de entradas de festivais en toda España. 

Ás doce e media do mediodía do día de hoxe abríase a venda de máis de 12.000 abonos para esta edición, os cales completan un total de 40.000 abonos se sumamos os vendidos en 2020. O interese do público de toda España foi masivo e fixo que O Son Do Camiño esgotase os seus abonos unha vez máis.

A estes 40.000 asistentes terán aínda que sumarse aqueles que compren as súas entradas de día para a edición de 2022 de O Son Do Camiño. Desde a organización do festival informarase proximamente de todo o referente á futura venda destas entradas. En total, moitas máis de 120.000 persoas acudirán ao que xa é un dos máis grandes e exitosos festivais do noso país.

Sentímolo pola xente que non chegou a tempo a comprar as súas entradas: a demanda foi, un ano máis, moi superior ao aforo á venda. Lembramos, como vimos facendo hai días, que SÓ As ENTRADAS ADQUIRIDAS A través das CANLES OFICIAIS DE VENDA,  osondocamino.es E  weezevent. com, son válidas e darán, por tanto, acceso ao Festival. O Son do Camiño posiciónase rotundamente en contra da revenda e insiste en que as entradas adquiridas en webs de mercado secundario (revenda) poden non ser válidas, estar duplicadas…

Nos próximos días a organización ofrecerá información sobre as Zonas de Descanso e de  Glamping.

Desde a Organización queremos transmitir o noso agradecemento pola confianza que todos aqueles que comprando o seu abono depositaron en nós. 

Seguimos traballando para que O Son  Do  Camiño 2022 sexa a mellor experiencia do ano para todos e cada un dos asistentes.

O Son do Camiño seguirá promocionando por todo o mundo a chegada do Xacobeo 2022, dando a coñecer a marca Galicia, e á súa vez, apoiando empresas locais, a cultura galega e fomentando o turismo de toda a comunidade.

Privacy Preference Center

Scroll ao inicio