Este 2022 volven os Premios Fest, o único recoñecemento en España dedicado aos Festivais de Música. A súa misión consiste en recoñecer, valorar e celebrar o traballo e a creatividade dos profesionais responsables do desenrolo dos festivais de música que se celebran en España.

Máis de 150 festivais dispútanse este ano conseguir o primeiro posto dentro das súas 18 categorías. Será a opinión dos festivaleiros e dun xurado, integrado por periodistas prescriptores e representantes dos diferentes sectores da industria musical do noso país, os que outorguen dito recoñecemento do que se coñecerán os gañadores o día 26 de outubro en Bilbao no marco do BIME.

O festival O Son do Camiño, que xa resultou gañador en 2018 da categoría Mellor Festival Revelación na V edición dos Premios Fest, este ano está nominado en catro das categorías: Mellor Festival Gran Formato, Mellor Produción, Mellor Zona de Acampada e Maior Aportación Turística á Rexión.

O Son do Camiño 2022 foi a cita musical do ano en Galicia. Un festival que aposta por unha oferta artística de impacto que xa se converteu nun hito ineludible do panorama nacional.

Na súa terceira edición destacaron grandes estrelas como The Chemical Brothers, Liam Gallagher, C. Tangana, Anne-Marie, cuxa actuación no Son do Camiño foi a súa única data en España no seu tour, Justil Quiles, Editors, Jason Derulo ou Foals, que en moitos casos visitaron Galicia ou o Monte do Gozo por primeira vez. Artistas galegos emerxentes e de primeira liña tamén protagonizaron un cartel de 47 actuacións que fixo saltar de emoción ao revitalizado Monte do Gozo.

Un festival de récord. No seu terceiro ano, O Son do Camiño batiu a súa anterior marca vendendo todos os seus abonos cunha rapidez nunca vista en España (menos dunha hora) pese a aumentar a súa capacidade, sumando un total de 42.000 asistentes por xornada.

O Son do Camiño é unha iniciativa conxunta de Esmerarte Industrias Creativas e Bring The Noise.

Os prazos de votación para o público están abertos ata o domingo 9 de outubro. Xa se pode votar a través de premiosfest.com.

Privacy Preference Center

Scroll ao inicio