Este 2022 volveron os Premios Fest, o único recoñecemento en España adicado aos Festivais de Música. A súa misión consiste en recoñecer, valorar e celebrar o traballo e a creatividade dos profesionais responsables do desenvolvemento dos Festivais de Música que se celebran en España.

Xa se coñecen os finalistas desta IX edición dos Premios Fest. Trátase dun listado obtido tras un proceso de participación que se prolongou durante as últimas semanas, no que se rexistraron máis de 20.000 votacións públicas. A elas hai que sumar a opinión do xurado profesional, que deu como resultado o panel de candidatos definitivos que optan a algunha das súas 18 categorías. Máis de 150 festivales disputábanse este ano conseguir o primeiro posto dentro dunha das mesmas.

O festival O Son do Camiño, que xa resultou gañador en 2018 da categoría Mellor Festival Revelación na V edición dos Premios Fest, este ano resultou finalista da categoría Mellor Zona de Acampada.

O festival Son do Camiño é unha iniciativa conxunta de Esmerarte Industrias Creativas e Bring The Noise.

Os gañadores conoceranse o próximo mércores 26 de outubro en Bilbao, no marco do BIME.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Privacy Preference Center

Scroll ao inicio